Espectacular concerto en Xinzo co claustro do Mosteiro de Trandeiras como escenario

Concerto en Trandeiras
Espectacular concerto en Xinzo co claustro do Mosteiro de Trandeiras como escenario

Maridaxe perfecta de música e paisaxe. O claustro do Mosteiro de Trandeiras foi o escenario da actuación da Agrupación Musical da Limia, dirixida por José López, mestre da Banda de Música Maestro Lupi de Benavente, como director convidado. A programación que elaborou o Concello de Xinzo con motivo do Mes das Letras rematará hoxe coa proxección do documental “Xela Arias, poeta nas marxes”. Será no auditorio da Casa da Cultura, ás 19.00 horas, acompañarase dun coloquio ca directora da obra.

Para ver a reportaxe fotográfica de dendealimia prema aquí.