O ESQUECEMENTO 2018, DE RÉCORDS

20150823_182530
O ESQUECEMENTO 2018, DE RÉCORDS

Este ano bateremos moitos récords,dice Iván Prado

De moi satisfactoria poderíamos definir a edición deste ano do Esquecemento que comeza oficialmente esta noite ás 21:00 despois de escoitar a Ivan Prado, responsable directo do grupo que este ano lle tocou a súa organización.

RÉCORD DE RECADACIÓN NO POBO

O primeiro récord a que apunta Ivan e o da recadación feita polos establecementos da vila de todo tipo. Este ano o importe supera os 5.000 €, cantidade que nunca ata este ano se recadara.

Tamén récord de participantes. No campamento haberá este ano 500 persoas que participarán activamente nos tres días que dura a festa. É de resaltar que este ano volveu a participar no campamento, xente que fai anos que non o facía e que non están no grupo precisamente de xoves que chegan por primeira vez. Eu creo que isto é debido a que volven crer outra vez na festa, e iso fainos sentir moi satisfeitos.

De récord teríamos que apuntar a cea do xoves na que participaron máis de 240 persoas, todas elas relacionadas co Esquecemento dunha maneira directa ou indirecta.

Houbo que aumentar o espazo cedido para o mercado artesanal.

VOLVEN OS CARTAJINESES

Despois de varios anos ausentes da festa volve a lexión de Cartajena “ESTRAORDINARII” costeándose eles tanto a viaxe como a estancias en Xinzo.

Tamén de Lugo haberá tres grupos –Locdurum- compoñente de castrexos , así como unha lexión pretoriana e un grupo de tambores –Tambucada.

ENTRADA NO RECINTO

Para colaborar un pouco máis economicamente coa festa a partir das 00:00 haberá que abonar unha entrada de tres euros, que dará dereito a unha consumición no bar do campamento.

MAIS VISITANTES

Para rematar cos récords que se pensa superar este ano, é o de asistencia de público. O ano pasado contabilizamos 15.000 visitantes nos tres días e este ano esperamos chegar ata os 17.000. Isto argumentámolo, posto que este ano participou moita mais xente na organización e no campamento, polo que se espera que cada persoa nova traía ata Xinzo a algunha persoa do seu entorno, é porque estamos palpando no ambiente que o Esquecemento 2018 está tendo moita máis repercusión entre todos .