A Festa do Esquecemento conta cunha visión máis completa e pechada do seu orzamento.

esquecemento
A Festa do Esquecemento conta cunha visión máis completa e pechada do seu orzamento.

As contas vanse facendo. Arredor do 90% do orzamento xa está repartido e calculado.

A Festa do Esquecemento xa ten o 90% do orzamento calculado e repartido. O gasto aumentou coa introducción de cambios como a contratación de non só unha, senon dúas empresas encargadas da decoración.

Este ano a festa ten un orzamento duns 40.000 ou 45.000 euros. Ademais, a parte da subvención pública tamén se está buscando unha colaboración con empresas privadas, nas que a cambio de aportar algo, a asociación levaría eses productos á festa para darlle visibilidade á empresa. Isto é unha novidades que están pulindo.

Respecto ao custo da festa, os grupos invitados de fóra aos desfiles veñen con todo pago pola organización da festa. Por eso, o número é algo limitado. Podemos intuír que sae bastante caro. Marcos Argibay comenta que “un fin de semana unha persoa serán ao redor de 100€”. “Se traes a 50 persoas, xa se vai a 5.000€”. Polo que o orzamento da festa quedaría moi reducido. Daquela, "hai que planificar ben a que traes e a quen non". Aínda así, este ano haberá varios grupos de fóra, entre oito e dez concretamente.

Somos unha festa pobre” di Marcos Argibay. Hai entre 40.000 e 45.000 euros para gastar. En números é similar ao de hai tres anos pero, actualmente, os prezos non son os mesmos que entonces. Nesta época pot-covid todo está máis caro, polo que ao final o orzamento pese a manterse nos números, ao que se pode acceder con el é menor, “igual un 10%-15% menos”. Aínda así este ano cóntase con que o conxunto teña unha visión máis completa e máis pechada. Este 2022 preténdese facer unha "festa para todos" e "encher o pueblo de xente".