O Esquecemento xa é a segunda festa en importancia de Xinzo

noite venres plaza-Foto arquivo
O Esquecemento xa é a segunda festa en importancia de Xinzo

Isto corrobórao ó 100% da hostalería

Ante a pequena diverxencia que houbo na presentación do Esquecemento deste ano entre si era a terceira ou a segunda festa, entre a Alcaldesa e o Concelleiro de Cultura

Dendealimia.com saíu a rúa para facer unha enquisa verbal, presencial, entre a maioría dos establecementos hostaleiros da vila. A pregunta foi Que festa atraía a máis xente a vila, o Entroido ou as festa de Sta. Mariña?.

Ao contrario de outras enquisas, sobre todo na nosa terra, que a resposta soe ser, depende, nesta o 100% dos preguntados respostaron que sen lugar a dúbidas, o Esquecemento e a segunda das festa que mais xente trae a Xinzo, despois do Entroido loxicamente.

Non se entrou a valorar de si máis ou menos que outros anos. Non obstante houbo algunha responsable de un establecemento, que ao rematar a pregunta contestou, sen dubidalo..Ah!, que en Xinzo hai festas patronais ?...non sabía.

O que non sabemos os cidadáns é, si a colaboración económica do sector, vai de acorde a cantidade de xente e polo tanto de negocio que esta festa trae a Xinzo.