O ESQUECEMENTO XVIII, A VOLTA DA ESQUINA

esquecemento
O ESQUECEMENTO XVIII, A VOLTA DA ESQUINA

Queda un mes para voltar á época de Décimo Xunio Bruto, que este ano será do 17 o 19 de agosto

Este xoves 12 de xullo, ás 20:30h, celebrouse no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia a 3ª Asamblea Xeral para socios da A.C. Civitas Limicorum e participantes da Festa do Esquecemento. Na cal, se trataron diversos temas establecidos no orde do día, entre os cales se tratou o reparto de carnés, rifas pendientes e autorizacións, actualización das contratacións realizadas e pendentes…

O punto máis relevante e que máis revolta suscita son as normas para o Esquecemento XVIII, que non sempre son a gusto de todos, pero si por o ben de todos. Nesta reunión tamén se tratou o tema da cea de confraternización que se realizará o xoves pola noite, para a cal hai que ser participante do Esquecemento XVIII.

Tamén nos recordaron que as incripcións para artesanais interesados en participar no mercado seguen abertas en mercadoesquecemento@gmail.com