Os produtos para "verse ben" non faltan na Feira do Comercio

Stand "Estética Montse Lama"
Os produtos para "verse ben" non faltan na Feira do Comercio
A Estética Montse Lama leva á Feira do Comercio produtos de coidado para a pel, maquillaxe e aceites esenciais

Manuel do stand da Estética Montse Lama comenta que a finalidade de participar na feira é apoiar ao comercio local de Xinzo e ter o seu espazo de exposición de cara ao público.

É o primeiro ano que participan e esperan que a xente se anime a consumir dos seus produtos. A Estética Montse Lama leva á Feira do Comercio produtos de coidado para a pel, maquillaxe e aceites esenciais. Agora mesmo destaca o protagonismo dos produtos para a pel. Manuel comenta que cada vez a xente busca máis "verse ben e coidarse".