Os estiramentos e exercicios posturais no centro do programa da Escola de Saúde da Limia

Taller estiramientos
Os estiramentos e exercicios posturais no centro do programa da Escola de Saúde da Limia
O osteópata e quiromasaxista Carlos Martí descubrirá aos asistentes os beneficios do stretching REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Para a tarde do vindeiro xoves...

O osteópata e quiromasaxista Carlos Martí descubrirá aos asistentes os beneficios do stretching

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Para a tarde do vindeiro xoves a Escola de Saúde Rural da Limia prepara un obradoiro de “stretching” ou estiramentos e exercicios posturais. A cita para a que se recomenda roupa cómoda será na Casa da Cultura de Xinzo de Limia entre as 16:30 e as 19:30 horas. Esta actividade desenvolverase baixo a batuta de Carlos Alberto Martí, osteópata e quiromasaxista especialista en terapias ortomoleculares.

Martí recorda que “o estiramento é un bo camiño para manter unha boa calidade de funcionamento do noso corpo” e tamén resalta vantaxes desta actividade como “o aumento do arco articular, que alonga as estruturas do noso organismo e dota de flexibilidade e mobilidade abdominal”. Ademais, esta técnica é adecuada para todas as idades e será especialmente beneficiosa para quen tenda á rixidez, ou aqueles que sufran dores na columna vertebral ou de limitación de movementos.

Os obxectivos deste taller serán ademais de recuperar a saúde muscular e articular, gañar elasticidade e as boas sensacións que se derivan ao desbloquear o corpo grazas ao estiramento. Ademais, a práctica paralela de exercicios posturais permitirá coñocer mellor o corpo para así “coidalo mellor”.

Todos aqueles que teñan interese en asistir a este obradoiro de “stretching” deben realizar unha inscrición previa, ben de maneira presencial na aula número 2 da primeira planta da Casa da Cultura ou ben por correo electrónico ao enderezo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es.