Varias foron as propostas levadas ao pleno que foron aprobadas por unanimidade. A da cesión da estrada que une Xinzo con Vilar de Barrio, fora proposta polo PSOE de Xinzo, e aprobada xa na Deputación Provincial. Desta maneira poderase conservar en mellor estado e evitar a cantidade de accidentes que hai na mesma. A moción foi aprobada cos votos positivos de tódolos partidos agás o do BNG.
Outra das propostas que si contou co prace de tódolos membros da corporación, foi a de instar tanto a Microsoft, Google,Facebook ,WhatsApp ou Instagram, así como o propio goberno central para que dunha vez por todas desapareza a acepción “Ginzo de Limia” polo de Xinzo de Limia, que é como realmente se nomea a nosa vila.
A portavoz dos socialistas tamén valorou “positivamente” que o grupo do goberno traia a nova ordenanza de subvencións do concello. Isto solo reflexa que o propio “concello está a ser mais transparente”
Seguindo coa mesma tónica, a corporación tamén aprobou acordos coa Confederación Hidrográfica para varios proxectos , entre eles o mais urxente é o da depuradora de Fiestras.