O evento foi presentado onte a mañá no Concello de Xinzo

145
O evento foi presentado onte a mañá no Concello de Xinzo

A primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12 dispútase mañá no campo A Moreira

Xinzo de Limia levanta hoxe o telón da Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12 que se vai a disputar durante todo o día de mañá no campo A Moreira, de herba natural. Hoxe foi presentado oficialmente o evento no salón de pleno do Concello, coa presenza do alcalde da localidade ourensá, Antonio Pérez Rodríguez, do concelleiro de Deportes, Luis Miguel Gil e por parte da Federación Galega de Fútbol o vicepresidente José Manuel Fernández Cid, o delegado en Ourense, Raúl Rois, e o secretario da Delegación, Óscar Álvarez.

A competición dará comezo ás 10 da mañá e extenderase ata as 8 da noite.

Participan as seleccións masculinas das sete Delegacións (Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo) e cinco femininas (Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo). 200 nenos e nenas que representan o futuro máis prometedor do fútbol galego.