Éxito de interpretacións e de público

Éxito de interpretacións e de público
Un ano máis, e xa vai o quinto o Festival Internacional de bandas de gaitas “Vila de Xinzo” encheu de sons e de público a praza Carlos Casares da vila

Despois do desfile das bandas polas rúas de Xinzo ata a praza do concerto e antes de dar comezo o mesmo a presentadora Esther Joga agradeceu no nome dos organizadores a presenza de bandas vidas de outras terras así como a colaboración do Concello, Protección Civil e Policía Local.

Instantánea - 397Subiu a continuación o escenario a alcaldesa Elvira Lama, que deu a benvida a vila a todos os participantes e ao público asistente de fora da nosa vila e comarca, para a continuación facerlle entrega dos agasallos aos representantes de cada banda.
As bandas B e A de Xinzo foron as encargadas de abrir e pechar ó concerto, que non chegou aos 120 minutos, nos que o público asistinte non abandonou en ningún momento os seus asentos, e tampouco os varios centos de persoas que o tiveron que seguir de pe.
Chegoulle despois a vez a Real banda xuvenil de Ourense, a banda Xuntanza de Cataluña e a banda de Candás(Asturias), que este ano repetiu como invitada, despois do éxito acadado o ano pasado. Pechou o concerto a banda A de Xinzo tendo que facer un bis, antes de dar por rematado o festival 2019.

Para ver o album do festival prema aqui.