Éxito no primeiro obradoiro do "REINVÉNTATE" na Casa da Cultura de Xinzo

16508076_1262778597145103_222821024290539576_n
Éxito no primeiro obradoiro do "REINVÉNTATE" na Casa da Cultura de Xinzo

s vindeiros 7 e 8 de marzo volverá haber outro obradoiro tamén na Casa da Cultura. Aínda fican prazas libres para quen queira enrolarse na iniciativa.

O primeiro obradoiro da nova edición do REINVÉNTATE "Animación sociolaboral en grupo" que organiza o CDR O Viso, tivo lugar o martes 7 e o mércores 8 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. A sesión formativa tratou de autocoñecemento e tentou dar resposta a dous obxectivos fundamentalmente: por unha banda, aprender a coñecer os recursos persoais e potencialidades dos asistentes de cara ó emprego e, por outra parte, compartir un espazo onde todas as persoas se atopan en desemprego para recuperar alento, levar a iniciativa e planificar a busca de emprego.

20170207_104535_HDR

O programa, como xa se informou dende este medio, continuará con sesións os primeiros martes e mércores de cada mes. A idea, segundo os organizadores, é que se alguén non pode vir nalgunha ocasión, saiba que –salvo causa de forza maior–poderá vir o mes seguinte. De aí que, contando cunha mínima participación, os vindeiros 7 e 8 de marzo volverá haber outro obradoiro tamén na Casa da Cultura. Aínda fican prazas libres para quen queira enrolarse na iniciativa.

16473843_1262779157145047_5853601144778511920_n

Con estas actividades, o CDR O Viso quere "empoderar ao grupo e xerar conciencia comunitaria", polo que a palabra participación e respecto polas persoas "son claves da marcha do grupo que pode ser o xermolo para máis actividades".

20170207_103902_HDR