Banda de Gaitas de Os Blancos, Manzaneda-Vilariño de Couso; Nova Fronteira - Cartelle e as tres bandas de Xinzo, C;B e A, fixeron as delicias do público asistente en varios centos.
Antes do concerto as bandas fixeron un percorrido polas rúas de Xinzo, nas que a xente esperaba o seu paso nunha tarde de “verán” moi de terrazas.
Comezou o concerto a banda dos mais pequenos de Xinzo (Banda C) .A última en actuar foi a afamada Banda A de Xinzo que ven de proclamarse subcampeona do certame galego en Santiago.
No medio actuaron as outras bandas destacando a Nova Fronteira , non solo pola súa música, se non polos seus traxes, combinación de toques modernos pero baseándose nun traxe de corte do Reino de Galicia do século XIV.
Tamén gustou moito a actuación da banda de Manzaneda-Vilariño de Couso polos seus instrumentos de percusión, dos que presentamos mostra gráfica.
Rematou o I Festival de Bandas de Gaitas “Vila de Xinzo” coa entrega de agasallos por parte da organización e agradecendo a presentadora en nome dos propios organizadores a colaboración da Concellería de Cultura ,Florería Orquídea, Estrella Galicia, Asociación Limisi ós colaboradores da Asoc. Cultural Aimilfolk, o Dtor. Da Casa de Cultura, e a Policía Local e ós membros de Protección Civil.
Rematado o acto todas as bandas degustaron unha cea xuntos, nos que dende logo non faltaron nin as gaitas nin os cánticos.