14 de mayo de 2015, 15:45
A feira do 14 de maio, sempre foi considerada unha das mellores, porque a xente acude para comprar a semente de todo o que vai a plantar para esta tempada.
Este ano, tamén se pode coñecer como a ” MAIS POLÍTICA” , posto que todos os membros das candidaturas a visitaron para entregar en man os programas e os pequenos agasaios, e como non, facer unas compras, aínda que algunha cabeza de lista dixera que non estou a mercar, estou a colaborar.
O ambiente festivo da feira viuse incrementado polo colorido de algúns dos “panfletos” que se entregaban.