REDACCIÓN
En Xinzo xa non se fala doutra cousa, e as reaccións chegan de todos os rincóns da comarca e máis alá.
Laura Seara. Deputada do PSOE: "A título persoal, felicito ao novo bispo, pero como representante do PSOE a nivel nacional, debo deixar claro que non queremos inmiscuirnos en nada referente á Igrexa".
Xé. Técnico do Concello de Xinzo especialista en temas de Emigración: "A comunidade marroquí xa se puxo en contacto comigo para manifestarme a súa alegría polo nomeamento".
Manila: "Todos estamos un pouco confusos coa noticia, pero dende logo que esto é moi importante para Xinzo. Ofrézome voluntario para a organización dos veciños para asistir a Valencia a toma de posesión".
Alba Prol. Profesional do Audiovisual e Colaboradora en Dende A Limia: "Alégrome moito, e ata me gustaría gravar un corto cos días previos da cerimonia de toma de posesión en Valencia".