A Feira da maquinaria recibe moitas e boas valoracións

IMG_20191124_115407.1
A Feira da maquinaria recibe moitas e boas valoracións

Xinzo necesitaba algo así” aínda que recoñeceu que “moita xente dixo que era mellor un día menos- Lucía Rodríguez

Lucía Rodríguez, de talleres Cuquejo definiu a feira como una “iniciativa boísima e con afluencia de público”, sinalando que “Xinzo necesitaba algo así” aínda que recoñeceu que “moita xente dixo que era mellor un día menos, que se fixo longo porque o tempo non acompañou para nada”. Outro dos expositores, Giovanni Calvo Ñúñez deu unha valoración boa, sinalou unha grande asistencia de público a pesar do clima e recomendou “mirar de facela noutra época polo frío”.

Pola súa parte, algún membro dos concesionarios participantes como a firma John Deere, José Estévez Ferreiras S.L valorou positivamente a feira afirmando que “esta é unha feira moi importante. Na zona da Limia temos de todo, con moita afluencia de xente. Valoraría que viñera máis xente, máis equipos: un señor con patacas, outro con cebolas, pulpeira, roupa... como se fixera a feira de Silleda nos primeiros tempos. Porque se temos catro días de pataca e maquinaria, pois que tiveramos dous días con máis equipo”.

Durante estas xornadas, tivo lugar tamén a entrega do premio Destacados..

IMG_20191124_163734O premio ao mellor tractor foi para Julio e Manuel, os propietarios de Agrícolas Suárez, unha pequena empresa familiar de Xinzo centrada nunha ampla gama de produto dedicado a pataca e ao cereal e á gandería, compartiron as características do tractor que recibiu o galardón: IMG_20191124_164245.1unha caixa de cambios variable cun sistema varioguide superior ao normal, telemetría e autoguiado, un sistema sobre a opresión dos neumáticos que fai que diga que peso temos que por tanto adiante como atrás, unha cabina con maior visibilidade, extras de serie, toma de forza, todas as velocidades, a caixa de cambios empeza dende 0,01 a 50 km/h homologado e vai sempre escalonado progresivamente. Este tractor pertence á marca FENDT, ao modelo 722 e ronda os 220.000 euros con IVA incluído.

O premio para a máuina máis destacada foi para Maquinaria, José Antonio Pena

IMG_20191124_162518

“Unha máquina que acaba facendo o sistema de laboreo e sembra todo a unha, sen a necesidade de dous tractores. Leva separadores individuais para o corte da sembra dos surcos, vibradores eléctricos, sensores de liña e regulación en profundidade da sembra da pataca, sen regulación de anchura. Pode sementar, en función do estado da finca, unha media de unha hectárea. Ten un prezo de saída duns 50.000 euros.” Sobre o prezo o vendedor argumenta que “non é tan cara porque estás aforrando tempo, diñeiro, gasoil, man de obra...

E a marca Baselier é unha das mellores do mercado, procedente neste caso de Holanda.