viernes 27/5/22
Feira

A feira do 14 de abril pásase ao xoves 13

Así o acordou a Xunta de Goberno.

feira 12.08-1
Imaxe de arquivo dunha feira en Xinzo de Limia.

A Concellería de Festexos de Xinzo de Limia vén de anunciar o cambio de data da feira programada para o venres 14 de abril. Segundo comentaron a este diario, a Xunta de Goberno aprobou o cambio de data debido a que coincidía co Venres Santo.

Xa que logo, a feira fica establecida para o xoves, día 13 de abril.

Comentarios