A feira do 14 de agosto, non defraudou

0151
A feira do 14 de agosto, non defraudou

Polo menos a hora da comida

Preto dos 37º houbo que soportar para visitar a que ata este ano era a mellor feira do ano. A boa fe, que este ano tampouco defraudou, polo menos a hora da comida, na que non se atopaba un solo recuncho das rúas de Xinzo, con terraza que non estivera ateigada de xente.

NA PRAZA MAIOR HABÍA QUE AGARDAR COLA

A partir das once da mañá as terrazas da praza maior, recortadas por mor das normas covid, por estar nun concello en nivel, medio-alto, ao 50% era necesario agardar, sentados no espolón para conseguir mesa, con cadeira, para tomar un refrixerio.

Nas rúas onde están instalados os postos tamén se encontraba con moita xente visitando os postos, aínda que non eran moitas as que ían con bolsas de compra.

VERZA BLANCA

Nesta feira, xa se puxeron a venda nos postos da froita a verza branca para plantar.cats2