A feira do comercio de ProLimia pechou as portas cun exito total de público e de vendas

montaxe final
A feira do comercio de ProLimia pechou as portas cun exito total de público e de vendas

Así cualifican os expositores a feira do Comercio de ProLimia 2021

Rematou, a que poderíamos denominar a primeira feira do comercio de ProLimia, cunha cualificación por parte da maioría dos representantes dos comercios que expuxeron, de EXITO TOTAL.

MOITO PÚBLICO E MOITAS VENDAS

Moito público o que pasou pola feira durante os tres días que durou e moita satisfacción polas vendas realizadas.

A presidenta do comité organizador, tamén valorou como excelente esta feira, a expensas do análises que farán as persoas que este ano se puxeron a fronte da organización, pero a hora do peche, a súa valoración persoal é de excelente.

Despois de falar con moitos dos expositores, a continuidade da feira está garantida en edicións vindeiras.

CAMARADERÍA TOTAL ENTRE OS EXPOSITORES

Algúns aínda se afanaban a última hora para repartir os últimos agasallos entre os propios expositores, demostrando o que todo o mundo apuntou, que a relación entre os expositores foi tamén excelente. Algunha responsable, que sempre soe ser moi crítica, mudou a súa opinión do primeiro día, que non lle convencían algunhas cuestións relacionadas coa propia feira, esta tarde manifestou que a súa valoración era de 12 sobre 10.

Feira001Feira002Feira005Feira006Feira008