Unha feira "para repetir"

Unha feira "para repetir"
A Feira do Comercio celebrada a pasada fin de semana foi moi ben acollida e os comerciantes din que "este ano estamos moi contentos"

Tras rematar o domingo a Feira do Comercio 2020, promovida por Prolimia, os comerciantes quedaron contentos cos resultados tanto de ventas como de asistencia e ambiente.

Unhas xornadas "para repetir"

A anterior edición da Feira do Comercio tiña algúns condicionantes debido á pandemia, como os controis de aforo, pero este ano con plena liberdade, moita xente animouse a asistir e facer algunha que outra compra. Os comerciantes din que foi unha experiencia "para repetir" e que quedaron "moi contentos e con moito compañerismo". Incluso algúns se lanzaron a valorar á feira coma un "1000/10".

As últimas horas bateron récords de asistencia

Nas últimas horas da feira, o domingo 28 de agosto, moitas persoas se xuntaron no pavillón de deportes sendo o Bingo o protagonista. Sentados no chan, de pé, nos stands...os asistentes animáronse antes do sorteo final a participar nun Bingo no que os premios eran inmediatos.

Polo tanto, despois das imaxes que deixou a Feira do Comercio deste ano, espérase poder repetila. Finalmente, o obxectivo de visibilizar e impulsar ao comercio local, cumpliuse con creces.