Felicitacións dos independentes e silencio dos nacionalistas

foto paco
Felicitacións dos independentes e silencio dos nacionalistas
O resto da corporación atópase dividida entre a alegría e a indiferenza  REDACCIÓN redac@dendealimia.com Francisco Romero, voceiro desde hai seis meses do grupo...

O resto da corporación atópase dividida entre a alegría e a indiferenza

 REDACCIÓN redac@dendealimia.com

Francisco Romero, voceiro desde hai seis meses do grupo de independentes, escindidos do PP, valora positivamente o nomeamento dunha persoa implicada no quefacer diario da parroquia, e veciño de Xinzo.

Porén, Ramiro Rodríguez representante do BNG, non quixo pronunciarse ao respecto. E Manuel Pérez Campos, concelleiro non adscrito, estivo ilocalizable telefonicamente.

Nembargante, todos os entrevistados amosáronse moi sorprendidos ante este nomeamento e confesaron non ter nin a máis mínima sospeita de que algo coma isto puidese acontecer.