Fenosa fixo que a presentación de “Lolo en bici e Carlos na moto” fose insólita

158
Fenosa fixo que a presentación de “Lolo en bici e Carlos na moto” fose insólita

Antón Riveiro e Xavier Casares acompañaron o autor na súa presentación, actuando como mestre da cerimonia Carlos Gómez en representación do Concello, por ausencia do concelleiro de Cultura que tivo que abandonar o acto un minuto antes do seu comezo.

O que ata as nove e cuarto da noite estaba a ser unha presentación \“normal\” da biografía para o público infantil escrita por Rafael Laso con ilustracións de Sofía Airas trocouse de repente nunha presentación do mais intima e insólita que o público asistente xamais podía imaxinar que ía a ver e participar.

CORTE DE LUZ EN TODO XINZO

Chegado ese momento e a poucos minutos do comezo, foise o abastecemento eléctrico no salón de actos e en toda a vila, e todo quedou a escuras. Despois dun tempo de espera os membros da mesa decidiron continuar coa presentación do libro. Desta vez , non acompañados por velas, se non polas lámpadas dos teléfonos móbiles. A continuación do acto resultou moi íntima e totalmente insólita.

159O público asistente temen participou prendendo os seus aparatos para sentirse mais participativos nunha presentación , que a partir daquel intre convertíase en algo que ningún dos presentes había vivido, e posiblemente volva a repetirse, nin por parte dos membros da mesa nin do público asistente.

LOLO SEGUIU INDO EN BICI

A pesares da escuridade, que durou máis aló do remate do acto, \“Lolo\” continuou debullando as anécdotas que el e mais Carlos habían vivido ao longo da vida do autor homenaxeado neste ano e que aparecen refrexadas no libro que hoxe se presentaba.

Antón, Xavier e Rafael foron pouco a pouco contando tamén as anécdotas que cada un sabía, e que moitas delas están reflectidas polo autor no libro, e algunha outra que descubriron no acto e que solo sabía, por exemplo seu irmán Xavier.

Entre o nutrido grupo de persoas que asistiron ao acto encontrábase a ilustradora Sofía Airas e escritores limiáns como Delfín Caseiro e outros mais, que mañá participaran na presentación do programa completo de actos que se levarán a cabo na comarca e que comezan mañá no museo de Vilar de Santos.