O. Ferreiro
24 de enero de 2017, 23:06
Unha persoa resultou ferida ao chocar tres vehículos en Xinzo de Limia, segundo vén de informar o 112.
Foron os servizos de Urxencias Médicas os que, alertados pola Garda Civil de Tráfico, informaron do sinistro ao 112 Galicia ás 18:45 horas deste luns.
Segundo o relato dos axentes, o choque tivo lugar na estrada OU-304, concretamente no punto quilométrico 1, en dirección Baltar.
Os membros da Protección Civil de Xinzo de Limia confirmaron ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia de que unha moza fora trasladada, con pronóstico leve, ao centro hospitalario máis próximo.
Tamén foron informados os servizos de mantemento da estrada.