sábado. 03.06.2023

    Os feitos aconteceron pasadas as 20.30h do serán cando unha cativa foi atropelada na rúa Dous de Maio de Xinzo de Limia.

A menor de dous anos soltouse da man da persoa que a acompañaba e nun despiste saiu á carretera. Nese intre un vehículo que pasaba pola zona atropelou de maneira accidental á cativa. Como consecuencia dos feitos a nena foi trasladada ó centro médico da vila aínda que non presenta feridas de gravidade. A persoa que conducía o vehículo tivo que ser atendida polos servizos de emerxencias a causa dunha crise de ansiedade. 

Ó lugar do suceso acudiron membros de Protección Civil de Xinzo e a Policía Local. 

Comentarios