A Festa do Esquecemento participou na xuntanza que reúne as festas históricas máis destacadas de España

ogea2
A Festa do Esquecemento participou na xuntanza que reúne as festas históricas máis destacadas de España

Concepción Ogea foi elexida vicepresidenta terceira da asociación nun acto celebrado en Medina de Campo

O pasado sábado tivo lugar a asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas da que forma parte a Festa do Esquecemento. O evento celebrouse en Medina del Campo no marco do III Encontro de Organizadores Profesionais das festas e recreacións históricas.

Desta volta o tema principal a tratar foi a seguridade na organización deste tipo de eventos.

Outro dos puntos que recolleron foi a posta en marcha dun balance do que deu de si o 2015 no que se refire á difusión nacional e europea. Analizouse o material de promoción e fíxose un repaso da asistencia a feiras e eventos turísticos. Tamén se fixo fincapé no uso das redes socias.Todo encamiñado a darlle un pulo ás festas e manter o seu legado.

A asociación da que forma parte a Festa do Esquecemento ostenta á vicepresidencia da Confederación Europea de Festas e Manifestacións Históricas que pasará a ocupar a presidencia da mesma no vindeiro ano 2017.

A presidenta da Asociación Cultural Civitas Limicorum, María Méndez, sinala que "esta presidencia e participación nacional no ámbito europeo permitira novas oportunidades asó como unha interesante mobilidade e intercambio entre os distintos países, enriquecendo as festas que pertencemos a esta asociación".

A xornada do sábado rematou coa renovación da xunta directiva da institución que conta ademais con representación da Limia. Concepción Ogea foi elexida vicepresidenta terceira da asociación na que participa dende o 2015.

ogea

Esta veciña de Xinzo valora o feito de formar parte deste gran tecido de festas históricas en tanto que "os beneficios son de promoción a nivel estatal e europeo, a optar a axudas e tratar de facer intercambios entre as festas asociadas españolas coas festas asociadas dos outros membros da confederación de festas e manifestacións históricas á cal tamén pertencemos", destaca Concepción.

Formar parte de dita asociación otórgalle ó festexo da Limia un selo de calidade valorado por un historiador que vixía as recreacións do Esquecemento para que sexan o máis fidedignas posibles.