O Esquecemento "está xa montado ao 90%".

Post- Reunión organizativa da Festa do Esquecemento.
O Esquecemento "está xa montado ao 90%".
Marcos Argibay, que encabeza a Asociación Civitas Limicorum, comenta que a día de hoxe “xa está a festa montada” e que “andan a tope”

A Festa do Esquecemento volve este ano os días 19, 20 e 21 de agosto. Marcos Argibay, que encabeza a Asociación Civitas Limicorum, organizadora do evento, comenta que a día de hoxe “xa está a festa montada” e que “andan a tope”. O cartel xa está feito e estudarase cando sacalo.

12003909_885561428199001_3341915590393538731_n

Os cambios que se notarán este ano vanse ver sobre todo na decoración (con tres grupos adicados a isto, dúas empresas e un grupo da propia asociación). Tamén, pretenden potenciar a zona infantil que se encontrará no parque do Toural. Este ano o obxectivo é encher de xente as rúas.Para conseguir isto a decoración é un punto clave para chamar a atención de moitos. Segundo Marcos este sería o “efecto chamada” e aproveitar o tirón post-covid.

ÉXITO DE GRUPOS E DE PARTICIPANTES

O número dos participantes está practicamente pechado, actualmente hai 15 grupos castrexos, 16 romanos e 2 de escravos. Estes conforman un total de 400 participantes que á súa vez son socios da Asociación. Os grupos de romanos pese a manterse ao nivel (en número) dos castrexos, bótase en falta quizáis un número máis grande de lexións. Isto débese sobre todo a que creceu a incorporación de novos participantes e non teñen tanta experiencia. Este ano non é un problema pero traballarase de cara ao futuro, e intentarán conseguir que a xente nova queira “sentirse romano”.

Para os desfiles haberá xente de fóra, entre oito e dez grupos de diferentes lugares como Lugo e Narón. As expectativas encóntranse este ano altas respecto aos desfiles e neste momento estanse organizando de maneira que haberá grupos de música na parte castrexa e na romana. Faranse pases tanto o sábado pola tarde como o domingo pola tarde.

Este ano, destaca Marcos, a “participación e implicación é real” e nótase “que se mantén a ilusión”.