A Festa do Esquecemento 2022 xa ten cartel

A Festa do Esquecemento 2022 xa ten cartel
Celebrarase os días 19, 20 e 21 de agosto.

Hoxe, saíu público o cartel da Festa do Esquecemento deste ano. Xinzo de Limia convertirase este agosto, concretamente os días 19, 20 e 21, nun escenario ambientado no 137 a.C.

Dende a A.C. Civitas Limicorum animan coa publicación do cartel a desfrutar desta festividade. Estes días, recrearanse a vida e as costumes da época. Arredor dunhas 500 persoas serán as participantes.

Recrearase tamén o Macellum, o mercado artesanal máis destacado de Galicia. Ademais, non faltarán espectáculos e actividades para todos, así como espazos infantís.