Festa Holi para despedir o curso no CEIP Carlos Casares

Festa Holi para despedir o curso no CEIP Carlos Casares
As nenas e nenos do colexio enchéronse de cor xunto coa Anpa.

Onte foi o último día do curso e para as alumnas e alumnos do CEIP Carlos Casares non foi un día coma outro calquera do curso. Para despedirse deste ano escolar o colexio xunto coa Anpa decidiron organizar unha festa Holi.

A festa Holi é de tradición hindú e faise como festival de primavera. Esta celebración é coñecida como o festival da cor e do amor. Baixo estes termos, parece que non hai mellor maneira de rematar o curso ca esta.

📹 Podedes ver o vídeo que subiron aos reels de instagram no seguinte enlace: https://www.instagram.com/reel/CfHMFhPAHMI/?utm_source=ig_web_copy_link