Fibromialgia e Relaxación próximos cursos da Escola Rural de Saúde da Limia

jornadas terapias
Fibromialgia e Relaxación próximos cursos da Escola Rural de Saúde da Limia

21 ,23 e 24 de outubro na Casa da Cultura de Xinzo

O 21 de outubro a partir das 16:30 e ata as 19:30 o Dtor. Luis Prieto Robisco do Centro de Saúde do Couto dará toda a información sobre a Fibromialgia e a fatiga crónica por parte dos propios pacientes, a familia e a sociedade. Tratará do seu diagnóstico, síntomas e os seus tratamentos.

O dia 24 Rosa Vieytes e Elois Castro , traballadores sociais da Asociación de Fibromialgia e Fatiga crónica de Ourense AFFOU tratarán sobre a importancia do asociacionismo para ós enfermos de estas doenzas e sobre como mellorar a calidade de vida dos propios pacientes.

Tamén presentarán ós presentes experiencias vividas en primeira persoa tanto na enfermidade como o seu percorrido dentro da asociación.

O mércores levarase a cabo un taller de Relaxación e Dinámicas de Grupo a partir das 19:45

Para participar en todas estas actividades haberá de facerse a inscrición no teléfono da asociación 603 78 44 35 ou ben no correo electrónico seguinte: escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es