Finalizan as obras da nova depuradora de Fiestras

27
Finalizan as obras da nova depuradora de Fiestras

O tenente alcalde, Manuel López, e os técnicos da Confederación Hidrográfica visitaron hoxe o remate obras no núcleo de Fiestras

O tenente alcalde, Manuel López, e os técnicos da Confederación Hidrográfica visitaron hoxe as obras da depurdora no núcleo poboacional de Fiestras –na parroquia de Santa María de Laroá–, que están a piques de rematar.

Segundo informaron aos medios, a capacidade da depuradora permite tratar as augas residuais da aldea de Fiestras e permite facelo tamén ás do núcleo de Seoane. "É un sistema moi moderno", sinalaron os técnicos da Confederación. Xunto a esta obra, no mesmo proxecto inclúese o bombeo de 9 vivendas de Laroá que ata este momento ían a unha fosa séptica impropiamente colocada na beira do río Nocedo. A partir de agora, e segundo informa o tenente alcalde e edil de obras, Manuel López Casas, co bombeo as augas residuais irán ata a depuradora por un un colector de 800 metros que funciona de xeito satisfactorio.

Así mesmo, eliminouse a vella fosa séptica que no seu día a fixeran no mesmísimo cauce do río.