Foi un tema moi complexo e moi difícil

Alcalde xinzo 1
Foi un tema moi complexo e moi difícil

Houbo varias reunión a nivel de Consellería e a última co Presidente

Aproveitamos a presenza do alcalde Antonio Pérez, nun dos actos programados para a celebración das Letras Galegas, para solicitar as primeiras valoracións sobre o anuncio da Consellería de aceptar o cambio no proxecto de remodelación da avd/ de Celanova .

Ahora entendemos a car ade satisfacción que onte traía o alcalde a última hora da tarde, aínda que hoxe confesou o dendealimia, que el xa sabía o cambio do proxecto onte a mediodía.

Como sabe toda a xente o proceso xa estaba pendente de licitación definitiva para comezo das obras. O difícil realmente non solo foi conseguir cambiar o proxecto, se non conseguir que eses cartos non se perdan e ademais conseguir a primeira fase para acometer a circunvalación.

Viaxes a Santiago e moitas voltas polos despachos, para non desfacer o que xa tiñamos feito e conseguir que a Xunta asumira o compromiso de reformular o proxecto que xa era definitivo, como xa dixeran no parlamento e o mesmo tempo iniciar a circunvalación para darlle saída os camións, se non o proxecto non se podería levar a cabo co novo deseño.

PÓDESE DICIR QUE ATA PUÍDO SER POSITIVA A SITUACIÓN?

Pois non se diría que non, posto que desta maneira comezaremos a circunvalación co apoio da Xunta, cuestión que xa viñamos reclamando fai tempo e que agora vai a ser realidade no seu primeiro tramo. Loxicamente entendemos que unha vez que a Xunta vai acometer ese primeiro tramo, nos anos vindeiro irán axudándonos nos outros restantes. E posible, como sole ocorrer sempre, que non todo o mundo este satisfeito, pero eu persoalmente estou moi satisfeito de habelo conseguido, por os veciños, por os colectivos que se pronunciaron en contra do proxecto anterior e loxicamente polo pobo, que en definitiva é para quen estamos a gobernar.

NIN VENCEDORES NIN VENCIDOS?

180Penso que esta era unha cuestión que afectaba aos veciños de Xinzo e por alcance a todos aqueles que manifestaron a súa opinión en contra. Como xa dixera na reunión cos representantes da plataforma o noso obxectivo había sido o arranxar ese tramo de vía que tantos anos levaba de retraso. Vista a situación, era tamén a nosa obriga intentar arranxar o problema que xurdiu e creo que desta maneira todos quedamos satisfeitos, incluídos os veciños da rúa que ven que os investimentos seguen adiante.

SERÁ MOITO O ATRASO NAS OBRAS?

Entendo que algún retraso vai a levar posto que agora a Xunta ten que traspasar esa avenida para convertela en casco urbano, iso solo en tramitación leva o seu tempo, ten que ser aprobado polo consello da Xunta e loxicamente polo Concello. Tamén temos nos agora que reformar o proxecto e facer o do primeiro tramo da circunvalación. Penso que as obras comezarán no segundo semestre do ano.

QUEDOU DEFINIDO POR ONDE IRÁ A CIRCUNVALACIÓN?

Si xa está totalmente decido. Sairá na primeira rotonda vindo de V. de Santos e irá ata a rotonda da autovía. Desta maneira o transporte pesado que vai para Ourense ou Madrid, xa non entrará no pobo. Tamén se restrinxira o paso de camións no tramo que queda ata a entrada a Xinzo, co cal manterase a dobre vía na avenida e como estamos dicindo mantendo non solo os 56 árbores da disputa, se non asegurando tamén os do outro tramo para sempre.

No novo proxecto irá pavimentación e beirarúas novas, como non podería ser doutra maneira, que era o que os veciños da avenida levan solicitando dende fai mais de 20 anos.

COMPROMISO DO PRESIDENTE FEIJOO AO 100%

Eu quixera recoñecer publicamente o compromiso do Presidente da Xunta co pobo de Xinzo, non so agora, se non sempre. Con esta decisión demostrou estar cos veciños e coa reclamación que dende o propio Concello se lle fixo.