Fórmate como monitor de tempo libre na Limia

Curso Monitor Ocio e Tempo Libre
Fórmate como monitor de tempo libre na Limia
O CDR “O Viso” organiza un curso en Lodoselo entre o 26 de xullo e o 14 de agosto REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A...

O CDR “O Viso” organiza un curso en Lodoselo entre o 26 de xullo e o 14 de agosto

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Escola de Tempo Libre Limicorum  do CDR “O Viso” achega unha oferta formativa pensada especialmente para a  xente moza,co obxectivo de facilitar a inserción socio-laboral, aproveitando as posibilidades do entorno como axentes dinamizadores da comunidade rural. Así, organiza para este verán un curso de monitor de tempo libre homologado pola Xunta de Galicia e que se celebrará entre o 26 de xullo de o 14 de agosto deste ano.

A formación terá lugar no Albergue do CDR “O Viso” en Lodoselo, Sarreaus e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de maio. Os únicos requisitos para os participantes son ter 18 anos ou máis, e o graduado en ESO. Todos os interesados poden achegarse para anotarse ou recibir máis información ao CIX da Limia: Praza Maior Nº1 1ºA, Xinzo de Limia. Ou contactar por correo electrónico no enderezo cixdalimia@cdroviso.org , ou telefonicamente no 988 46 15 71.