Francisca Rodríguez (XA), nova membro do Consello das Mareas

Manuel Pérez, Francisca Rodríguez e Xosé Miguel Barrios, concelleiros de Xinzo Adiante
Francisca Rodríguez (XA), nova membro do Consello das Mareas

A concelleira de Xinzo Adiante vén de ser escollida nas eleccións primarias, membro do máximo órgano de dirección de En Marea.

A concelleira de Xinzo Adiante, Francisca Rodríguez, vén de ser escollida membro do Consello das Mareas, o máximo órgano organizativo da formación En Marea. A concelleira participaba, xunto cos tamén concelleiros Manuel Pérez Campos e Xosé Miguel Barrios, na lista Queremos Participar que, vinculada coa forza política Cerna, participou nas primarias internas da organización liderada por Luis Villares.

A votación das primarias vén de celebrarse ao longo dos últimos tres días por voto telemático, e nela participaron outras dúas listas: Máis Alá e Somos Quen. A lista liderada polo voceiro parlamentario de En Marea, Luis Villares, acadou o maior número de postos no máximo comité de dirección da formación.

Na lista Queremos participar tamén ocupaba un posto Manuel Pérez, que fora candidata nas últimas eleccións autonómicas pola provincia de Ourense.

Xinzo terá, a través de Francisca, presenza no máximo órgano de dirección da principal forza da oposición.