Gadis busca o mellor Entroido de Galicia

IMG-20190924-WA0001
Gadis busca o mellor Entroido de Galicia
Para que Xinzo gañe, temos que votar na páxina e podemos gañar nós tamén 50 €

Cal é o mellor entroido de Galicia? Gadis busca unha resposta a esta pregunta poñendo en marcha a campaña “O meu entroido é o mellor!”. A cadea de supermercados lanzou este orixinal concurso convocando a todos os concellos galegos a participar e agora abre o prazo para votar entre as candidaturas presentadas. Os premios ascenden a 40.000 euros (30.000 € para o 1º e dous accésit de 5.000 euros cada un).

O período de elección xa está aberto en www.gadis.es/entroido desde este venres 20 de setembro e finaliza o 30 de novembro. Todas as votacións son online. As bases do concurso establecen dúas fórmulas: facilitando un mail na web, admitíndose unicamente un voto por cada correo electrónico. A segunda opción é por tickets de compra superiores a 10 euros nos Supermercados Gadis. Introducindo o número do ticket na web poderase emitir un voto.

Cada unha das candidaturas -entre as que está a de Xinzo atópase na web da cadea de supermercados, un percorrido virtual polas celebracións de anos precedentes en diferentes puntos da xeografía galega participantes no concurso, que servirá para que o público decida o seu voto. O arraigamento do entroido como unha das manifestacións culturais e festivas máis importantes é unha das claves polas que Gadis decidiu lanzar este concurso, ratificando o seu compromiso coas tradicións de Galicia.