27 de agosto de 2022, 9:55
Inma, do stand do Centro Óptico Losada, comenta que traen á Feira unha selección do que se pode atopar na óptica, destacando unha colección de gafas vintage e coleccións actuais.
Ela explica tamén que o que máis se acaba vendendo finalmente son as ofertas en gafa de sol por resultar unha oportunidade para o peto de moitos. Este tamén é o segundo ano para o Centro Óptico Losada na Feira do Comercio e esperan mellorar con respecto ao ano pasado xa que desta vez ás ganas da xente de moverse despois da pandemia poden axudar a que pasen pola feira máis persoas.