A academia de Baile Danzón celebrará a súa gala de fin de curso

Gala de Fin de Curso 2022. Academia de Baile Danzón.
A academia de Baile Danzón celebrará a súa gala de fin de curso
O evento pretende animar con danza e ledicia a tarde do sábado, 11 de xuño, ás 20:45h.

A Gala de Fin de Curso da Academia de Baile Danzón volve este ano 2022. O 11 de xuño, pretenden animar a Praza Carlos Casares dende as 20:45h. Prevése que a gala dure unha hora e media, aínda que pouco parece para as 150 persoas que pasarán polo escenario a mostrar o que fan na academia.

A Academia de Baile Danzón conta cunha gran variedade de idades entre as persoas participantes. Estamos a falar desde nenas e nenos pequenos de 3 anos ata persoas de máis idade, chegando aos 70 anos. Ao fin, o baile é unha forma máis de expresión para pasalo ben e divertirse. Entre as distintas danzas que se dan na academia están: o ballet, baile flamenco, os ritmos latinos, baile moderno, zumba, bailoterapia, danza oriental, etc. Moitas delas poderánse ver neste evento do sábado.

Esta cita, pretende ser o espazo e o momento do ano para que os pais e/ou familiares e amigos das persoas que van bailar asistan a ver todo o que levan preparado este curso 2022. Quen diría cando comezou o ano que iamos estar neste punto no que o verán despois de dous anos vén con esa sensación de ser o máis normal, ou o menos limitado pola pandemia. Así, esta academia, pese ao peche temporal e aos altos e baixos do contexto actual, celebrará a Gala de Fin de Curso 2022 con máis ganas que nunca.

Pero, que se fará despois da gala? haberá algunha sorpresa? Segundo remate a gala o plan consistirá en quedar na praza e seguir bailando e desfrutando da tarde. Ademais, haberá un sorteo dun fin de semana para dúas persoas nun hotel, con almorzo e un cirtuito spa incluídos. Animámosvos a asistir a este evento no que de seguro vos divertiredes.