A "Galiza" de Kepa Junkera en Xinzo

KEPA CARTEL
A "Galiza" de Kepa Junkera en Xinzo
O artista presentará mañá no auditorio da Casa da Cultura o seu último traballo REDACCIÓN redac@dendealimia.com O músico de folk vasco Kepa Junkera...

O artista presentará mañá no auditorio da Casa da Cultura o seu último traballo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O músico de folk vasco Kepa Junkera escolleu a vila limiá para presentará mañá o seu último traballo discográfico, "Galiza". O acto celebrarase na Casa da Cultura a partir das 20.30 horas da tarde e está organizado pola Concellería de Cultura, desde onde aseguran que queren "axudar a dar difusión a un disco que fai referencia directa a Galicia". Ademais, na carátula do mesmo, o artista quixo representar as distintas máscaras do Entroido galego, entre as que non podía faltar a Pantalla de Xinzo, que tamén o acompañará no seu próximo concerto en Pontevedra o vindeiro 30 de novembro.

Kepa Junkera chega a Xinzo despois de ter presentado "Galiza" nas cidades vascas de Bilbao, Barakaldo, Durango e Vitoria, así coma en Lugo e A Coruña. O acto de mañá pecharase ca venda de discos e a posterior firma de exemplares a quen o desexe.