A Garda Civil celebrou o día da súa Patroa

Pilar 1
A Garda Civil celebrou o día da súa Patroa

Recepción, misa solemne cantada e degustación de produtos galegos

Á invitación da Garda Civil acudiron ademais da alcaldesa de Xinzo Elvira Lama, acompañada de case todos os membros da corporación local, moitos dos alcaldes da comarca, Porqueira, Sandiás Baltar e Rairiz de Veiga, así como o parlamentario galego Carlos Gómez.

Pola banda das forzas de seguridade presidía o acto o Tenente José Luís Casas, comandante de posto de Celanova-Xinzo, así como o Xefe da policía Local de Xinzo e o representante do GNR de Portugal Sarxento xefe Víctor Estevez comandante do posto da GNR en Montalegre.do posto .

A entrada da igrexa foron recibidos polo párroco D. Jaime, que aproveitou a ocasión para presentar ao novo presbítero da parroquia foi o oficiante dos servizos litúrxicos na honra da Virxe do Pilar.

Pilar 2

Rematada a misa solemne, cantada pola coral limiá Antioquía, os invitados desprazáronse ata o cuartel que a benemérita ten en Xinzo para departir con todos os invitados unha degustación de polbo e demais petiscos regados con viño da denominación Monterrei.