A Garda Civil detén a un individuo como presunto autor dun incendio forestal en Xinzo

458
A Garda Civil detén a un individuo como presunto autor dun incendio forestal en Xinzo

A detención produciuse grazas á colaboración da cidadanía.

A Garda Civil de Ouresne deteu ás 8:30 horas do mércores a M. A. M. N de 55 anos de idade, veciño de Vigo, como presunto autor dun delicto de incendio forestal.

O lume iniciouse o pasado 15 de outubro nunha finca propiedade da familia do detido, situada na paraxe Barrucadas, no termo municipal de Xinzo de Limia, onde resultou afectada unha hectárea de monte arbolado. O lume estivo a escasos 300 metros dun núcleo urbano e a 200 dunha granxa.