A Garda Civil detén unha veciña de Xinzo por denunciar un falso roubo na súa vivenda

civil
A Garda Civil detén unha veciña de Xinzo por denunciar un falso roubo na súa vivenda

J.V.A de 54 anos e veciña de Xinzo , foi detida pola Garda Civil acusada dun delito de tentativa de estafa. A muller simulou un roubo na súa casa e presentou unha denuncia na que chegou a declarar que fora atacada polos ladróns.

Os feitos aconteceron no mes de maio cando presuntamente esta veciña se atopaba na súa vivenda momneto no cal entraron e lle roubaron 4.500 euros en efectivo e unha xoia de diamantes valorada en 6.000 euros.

Tras investigar o suceso a Garda Civil constatou que a denuncia era falsa e que a muller o que pretendía era cobrar unha indemnización do seguro.

Segundo fontes do Instituto Armado, J.V.A foi detida na mañá do mécores por un delito de estafa.

.