A Garda Civil de Xinzo detivo ó longo da mañá ós veciños que danaron un bar e ameazaron ó persoal

civil
A Garda Civil de Xinzo detivo ó longo da mañá ós veciños que danaron un bar e ameazaron ó persoal

Os feitos ocorreron na estación de autobuses pasadas as 22h da noite do mércores

Segundo informan dende Comandancia de Ourense, axentes da Garda Civil de Xinzo procederon a arrestar esta mañá ós veciños de Xinzo que causaron danos nun local. O home de 38 anos e o seu fillo menor de idade presuntamente amezaron ó persoal do bar e destrozaron a barra e o cristal do mesmo.

Pasaban as 22h da noite cando o detido de maior idade entrou no bar fumando e esixindo que lle serviran unha consumición. Nese momento o camareiro procedeu a chamarlle a atención pedíndolle que apagara o cigarro pola normativa que impide fumar nos locais.

Tras tirar ó chan a cabicha procederon a servirlle a bebida. Saiu para fóra e regresou pouco tempo depois cun acompañante e portando nas súas mans dous bastóns un de madeira e un de ferro, segundo relatan as testemuñas. Acto seguido o home nunha actitude moi agresiva sacou unha pistola e ameazou de morte ó empregado do local e a un cliente. De seguido colleu o bastón de ferro e bateu con el na barra e no cristal do local causando danos importantes.

O autor dos feitos saiu para fóra e disparou coa arma ó letreiro do bar. Minutos depois apareceron os efectivos da Garda Civil e procederon a investigar o sucedido e atoparon un casquillo do calibre 6.35.

As testemuñas dos feitos sinalan que a actuación das forzas da orde non foi a máis axeitada. Manteñen que deixaron marchar ó home para a súa casa e sinalan que viron como os axentes se despediron del cun apretón de mans.

Foi ó longo desta mañá cando os axentes procederon a arrestar ós presuntos autores dos feitos.