O GDR da Limia-Arnoia anima a optimizar a reciclaxe

520
O GDR da Limia-Arnoia anima a optimizar a reciclaxe

Dende o grupo explicaron en que consiste o novidoso concepto de Economía Circular

O Grupo de Desenvolvemenro Rural 10 da Limia-Arnoia organizou onte en Xinzo de Limia o seu primeiro seminario sobre a Economía Circular. Dende a asociación multicomarcal pretenden comezar a instaurar, de forma paulatina, un novo método baseado na produción, o consumo e a reciclaxe, en troques da secuencia rematada en xeneración de residuos, que consideran non sostible.

Algúns dos concellos xa se atopan en proceso de implementr novas iniciativas encamiñadas para a optimización desta prestación.

Dende o grupo explicaron en que consiste o novidoso concepto de Economía Circular, onde a reciclaxe funciona como elemento de creación na cadea de valor e que, "melloraría a calidade de vida e coidado do medio ambiente".

A xornada celebrouse no Salón de Plenos da capital da Limia, organizada por un GDR conformado polas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, A Baixa Limia e Celanova. Nela estiveron presentes técnicos municipais e provinciais do servizo de recollida de residuos, así como representantes políticos dos diferentes concellos.

Algúns dos concellos xa se atopan en proceso de implementr novas iniciativas encamiñadas para a optimización desta prestación, que se ve agravada pola constante pérdida de poboación do rural ourensán.