Grave accidente na Limia

IMG-20190112-WA0001
Grave accidente na Limia

Na estrada de Xinzo a Ponteliñares

Cara as 10,15 da mañá tivo lugar un accidente grave con dous vehículos implicados na estrada que vai dende Lamas ata Ponteliñares no límite do concello de Porqueira, no denominado cruzamento do Toxal.

VARIOS FERIDOS E AMPLO DESPREGUE

cats

Bombeiros, protección civil de Xinzo e Porqueira así como varias dotacións da Garda Civil e atestados. Tamén acudiron ao lugar do sinistro varias ambulancias do 061 e a unidade do helicotero do 061.

Parece ser que o motivo da colisión foi que un dos vehículos que cruzaba a longa recta da estrada non fixo Stop e arrollou nese momento o turismo que ía en dirección Ponteliñares.

Dous ocupantes do vehículo máis afectado tiveron que ser trasladados de urxencia e o seu estado, segundo algún dos presentes, revestía gravidade. Afortunadamente unha rapaza saíu ilesa por mor de ir nas cadeiras regulamentadas e con todas as suxeicións postas.

cats2

O accidente tivo gran conmoción na comarca non solo polos sons das asistencias, se non cando se soupo que un dos feridos e membro das brigadas do concello de Xinzo, polo que é moi coñecido.

Un dos vehículos afectados co impacto partiu un poste de formigón do tecido eléctrico