A Guardia Civil celebrou o día da súa patroa

Momento da celebración liturxica
A Guardia Civil celebrou o día da súa patroa

A igrexa de Xinzo quedouse pequena para a celebración litúrxica no día do Pilar

Pasadas as 12 da mañá, e con algunhas protestas dos feligreses polo retraso, deu comezo a misa de celebración do dia da Virxe do Pilar. Esta estivo presidida polos membros da Benemérita de Xinzo acompañados polo xefe da Policía Local e como invitados , membros da GNR portuguesa do destacamento de Montalegre. Tamén asistiron o alcalde e varios concelleiros do grupo de goberno en representación do Concello, ademais de alcaldes da comarca.

O coro Antioquía foi o encargado de por os canticos durante a celebración

Rematada a celebración litúrxica no cuartel de Xinzo todos os guardias fixeron de anfitrións ante os mais de 200 invitados da comarca que degustaron as viandas regadas por viños galegos.