¿Que hai tralo deseño e disposición da exposición "Os mundos de Carlos Casares"?

IMG_20171228_185217
¿Que hai tralo deseño e disposición da exposición "Os mundos de Carlos Casares"?

Falamos coa arquitecta Covadonga Carrasco, a quen se lle encargou o deseño desta importante exposición.

A 24 horas da inauguración da exposición (agora permanente pero antes itinerante) "Os mundos de Carlos Casares", no dendealimia.com falamos coa arquitecta que estruturou e organizou visual e espacialmente esta mostra, que estará situada no Museo Galego do Entroido.

Segundo afirma a arquitecta, Covadonga Carrasco, o deseño "encargouse cunhas condicións moi particulares, pois foi nos seus inicios unha exposición itinerante"

Segundo afirma a arquitecta, Covadonga Carrasco, o deseño "encargouse cunhas condicións moi particulares, pois foi nos seus inicios unha exposición itinerante que finalmente remataría sendo permanente en Xinzo de Limia". Había que expoñer unha serie de obxectos moi variopintos: libros, fotografías, manuscritos, trofeos e recoñecementos diversos... "Para lle dar unha orde e unha sensación de organización ocorréusenos empregar caixas como conceptos de "maleta" ou "viaxe" como motivo central de exposición", sinala. Esta simboloxía responde a unha dupla razón: por unha banda xustifícase en que se trata dunha viaxe pola vida de Carlos Casares e, por outra, fai referencia a que o autor foi unha persoa en constante viaxe e movemento por diversos lugares de Galicia e do mundo.

Como curiosidade é preciso destacar que as estruturas de madeira que soportan as maletas están realizadas con madeira de piñeiro sueco, país de onde era nativa a muller de Carlos Casares, Kristina Berg.

Hai un baúl que, reproducido en varias ocasións, "foi aberto de diferentes maneiras para diferencias as cinco etapas desta exposición que son as cinco etapas fundamentais na vida de Casares", segundo comenta a arquitecta da mesma. Na terceira etapa hai unha peza singular en realidade virtual sobre O Principiño ademáis de todos os exemplares desta obra en diferentes idiomas dos que el dispuña. Xa na cuarta etapa pódense atopar premios, recoñecementos e cartas, ademáis da súa actividade como parlamentario. Na quinta etapa, onde a maleta comeza a se replegar, abundan tamén manuscritos e publicacións, ademáis das súas afeccións polos trens e as cámaras de fotos.

Como curiosidade é preciso destacar que as estruturas de madeira que soportan as maletas están realizadas con madeira de piñeiro sueco, país de onde era nativa a muller de Carlos Casares, Kristina Berg.