O “himno da Alegría” contaxiou aos músicos, aos políticos e aos veciños

Concerto inaugural
O “himno da Alegría” contaxiou aos músicos, aos políticos e aos veciños

O día da inauguración da praza da Música

Media hora antes do comezo, e cos coros e os músicos ensaiando moitos veciños e veciñas esperaban na praza Carlos Casares a que se abrisen as portas e poder ocupar o medio cento de cadeiras preparadas para asistir ao concerto de inauguración da praza.

Instantánea - 587
Elvira Lama dirixíndose aos presentes

As cadeiras quedaron escasas para todos aqueles que non querían perderse este primeiro concerto ao aire libre.

Elvira Lama agradeceu a presenza de todos e todas, orquestra e coros e tamén aos compañeiros de corporación e a do parlamentario Carlos Gómez, para a continuación facer un pouco de historia de como se chegou a este día.

Recuperamos este espazo, degradado infrautilizado e moitas veces cheo de lixo e recuperámolo para darlle aos veciños un novo espazo de lecer.

Nin o espazo nin o tempo se poden estirar. Esta praza mide o que mide

HISTORIA DO CONSERVATORIO

Iniciou a súa andadura en 1976, sendo un apéndice do conservatorio de Ourense. No 1990 Centro de grado Inicial e no 1996 convértese nun conservatorio de grado profesional.

IMG_20220506_202243
Membros do goberno e oposición

Quíxose unir o presente o pasado e o futuro na mesma praza. O presente estámolo vivindo, o pasado está representado na foto dunha banda de música dos anos 30 e o futuro represéntano todos os cativos, que hoxe participan neste acto. Moitos destes que están sentados nestas cadeiras serán músicos e músicas do futuro.

Este espazo que hoxe se abre o público empregarase non solo para o alumnado do conservatorio, nos seus ensaios e actuacións ao aire libre, se non que se empregará para pequenas actuacións de teatro, de títeres etc.

2
Membros do equipo de goberno

Rematou o acto coa interpretacións por parte de todo o alumnado do conservatorio por primeira vez xuntos do himno da alegría cuxa partitura forma parte da decoración do chan da praza.