De “históricos”, cualifica os resultados do concello de Xinzo ao peche de 2017 o seu alcalde Antonio Pérez. Satisfacción e agradecemento tamén son os sentimentos cando observa a liquidación que os técnicos presentaron ao Ministerio de Facenda nesta semana.
Satisfacción plena posto que fai tan solo 5 anos ninguén podía imaxinar que as contas do noso concello puideran deixar de estar en roxo, para converter todos os datos analizados en positivo.
Tamén quere agradecer a todos os que fixeron que isto sexa posible. Primeiro aos traballadores que tiveron que ver reducido o seu salario durante uns anos e tamén agradecemento a todos os veciños e veciñas que tiveron que aguantar as subidas de impostos dos exercicios pasados, posto que realmente sen esas medidas, neste momento o noso concello estaría en bancarrota. E porque non aos responsables municipais das distintas concellerías, porque tamésúasn tiveron que facer as suas xestións con escasos medios, pero todo isto deu o seu froito e nestes momentos temos un dios concellos máis saneados de Galicia.
EN DESACORDO CON MONTORO
Aínda con todo isto o alcalde está en total desacordo con algunha das medidas do ministro Montoro, no tocante a que o remanente de tesoureiría (1,9 millóns de euros) non poida ser destinado a obras ou axudas que non supoñan endebedamento futuro. El manda que cumpramos cuns parámetros e ao final non importa o facer os deberes. Este sobrante do exercicio poderiámolo destinar a axudas a rehabilitación, a SS.SS. ou a cambio de luminarias por Leds, por exemplo co cal ata serviría para seguir aforrando cartos ano tras ano.
DE DOUS CON CINCO MILLÓNS NEGATIVOS, A UN CON NOVE POSITIVOS
Ese é o resultado do capítulo de Remanente de Tesourería dende o ano 2014 ao 2017. Este parámetro mide a solvencia económica do concello así como a capacidade económica que ten.
Outro dos parámetros dos que se sinte tamén moi satisfeito refírese a débeda viva que ten a finais de 2017 o concello. Xa a día de hoxe estará un pouco por baixo dos catro millóns, cando no 2014 era de mais de seis, e cando eles entraron a gobernar era de 11 millóns de euros.
Esta débeda actual inclúe o famoso préstamo de facenda a pagar a 20 anos de pago a provedores.
A continuación poden comprobar o estado económico do concello de Xinzo a 15 de decembro, data do peche oficial eixido polo Ministerio de Facenda.