lunes. 27.03.2023

Sufriu unha parada cardiorespiratoria mentres nadaba e tivo que ser socorrido polo helicóptero SOS Galicia

REDACCIÓN

redacció[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Un veciño de Xinzo de 58 anos tivo que ser rescatado onte algo antes das seis da tarde, na piscina climatizada de Xinzo ao sufrir unha parada cardiorespiratoria mentres nadaba. Un dos socorristas das instalacións quitou da auga por temor a que afogase e máis tarde chegaba unha ambulancia para atendelo. O persoal sanitario finalmente decidía solicitar a presenza do helicóptero SOS Galicia para trasladalo ao CHUO.

Comentarios