Homenaxe do concello aos xubilados deste 2022
10:29 19/12/22
10:29 19/12/22
Seis traballadores e traballadoras do Concello de Xinzo recibiron unha homenaxe pola súa xubilación
Pola súa dedicación e esforzo en favor dos veciños e veciñas de Xinzo de Limia recibiron esta mañá unha homenaxe seis traballadores e traballadoras do Concello que se xubilan. Trátase de Jesús Fariñas, Eligio Rodríguez, Rosa María Diz, Julio Cabrera, José Antonio Bolaño e José Limia. Recibiron un obsequio e a alcaldesa, Elvira Lama, en nome de toda a Corporación, agradeceulles no seu discurso o traballo realizado nestes anos. O acto celebrouse no salón de plenos da Casa Consistorial e foron moitos os compañeiros e compañeiras dos traballadores homenaxeados os que quixeron estar presentes para brindarlles todo o seu cariño.
