A homenaxe do Parlamento aos 51 anos das Letras Galegas chega a Xinzo

exposición
A homenaxe do Parlamento aos 51 anos das Letras Galegas chega a Xinzo
Esta tarde inaugurábase na Casa da Escultura unha exposición de medallas conmemorativas REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia “51 páxinas das nosas letras” inaugurouse esta tarde...

Esta tarde inaugurábase na Casa da Escultura unha exposición de medallas conmemorativas

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

“51 páxinas das nosas letras” inaugurouse esta tarde na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Esta exposición é unha iniciativa do Parlamento de Galicia, en colaboración coa Xunta e a Real Academia Galega, para homenaxear os 51 anos de celebración do Día das Letras Galegas. Unha efeméride a do 17 de maio, que ven honrando desde 1963, e cada ano, aos mellores escritores da nosa lingua.

A mostra componse de 51 paneis, un por cada autor ao que lle dedicou esta data, ao que acompaña unha medalla coa súa caricatura, obra do debuxante, pintor e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía. Son modelos de medalla anepígrafos realizados cunha técnica depurada durante anos e que complementan ao perfil biográfico dos literatos, elaborados por diferentes académicos da RAG.