Hoxe non haberá reparto de correo na Limia

correos
Hoxe non haberá reparto de correo na Limia

Os traballadores de Xinzo gardaron un minuto de silencio e non repartirán na comarca

Esta mañá os traballadores, compañeiros, da carteira que onte faleceu nun accidente laboral, mantiveron a primeira hora un minuto de silencio diante da oficina central que Correos ten en Xinzo.

Posteriormente en sinal de loito pola compañeira falecida non repartirán en toda a comarca.

NON ERA NOVATA

IMG_20190806_121200

Nos correlos que ao longo da mañá se facían as portas da oficina principal onde traballan sobre 20 persoas, todos eran comentarios sobre o pesar que teñen pola compañeira falecida, insistían en accidente laboral.

A compañeira,aínda que levaba so 5 días mesa ruta, non era “novata”. Xa tiña anos de experiencia, tanto nos pobos como na vila e en Ourense. Coñecía ben o traballo. O problema ven de que nos queremos facer todo o traballo asinado no día e non é solo atopar o pobo, se non despois atopar a casa da persoa a que se lle ten que facer entrega da carta ou paquete. Este era o sentimento maioritario dos compañeiros durante toda a mañá.

Comisións obreiras fixo chegar aos medios unha nota facendo chegar as condolencias ao colectivo e en particular a familia da compañeira, carteira rural, falecida en accidente de tráfico mentres realizaba a súa abnegada función de reparto no medio rural substituindo, por vacacións, a titular.

Continúa dicindo a nota que é unha labor silenciosa, pero eficaz.